Celebramos o amor no comercio local de Rianxo neste mes de febreiro! ❤️❤️❤️
Esta campaña, lanzada en colaboración coa FEDERACIÓN RÍAS BAIXAS, a que nos pertencemos, busca resaltar a importancia de apoiar os nosos comercios locais. Por iso enchémos os nosos comercios de corazóns e celebrar este San Valentín de maneira única.
Compartimos as fotos dos escaparates dos nosos socios decorados con moito amor. 📸❤️ No que consistía dar likes 👍 ás túas decoracións favoritas. O escaparate con máis likes tiña a oportunidade de lucir un distintivo como a mellor decoración de San Valentín durante todo o ano.
Pois ben, agora xa podemos anunciar orgullosamente as nosas gañadoras.
- En primeiro lugar, na nosa páxina de Instagram, que capturou o corazón de moitos foi a da Moreniña. Parabéns, Moreniña!
- E, no que respecta á nosa páxina de Facebook, a gañadora indiscutíbel foi Irazi. Noraboa, Irazi, polo teu traballo!
Estamos inmensamente agradecidos a todos os que participaron no noso concurso e compartiron as súas increíbles fotos connosco. Foi unha verdadeira delicia ver todas as vosas contribucións e experimentar a vosa creatividade.
Moitas grazas !!!!!!!